Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Confidencial

O dobre xogo do concelleiro nigranés de Medio Ambiente

por Garganta Profunda - 07/08/2008
Juan Hermida, caladiño.

Cóntanme desde Nigrán que Juan Hermida o concelleiro socialista de Medio Ambiente estivo o outro día caladiño de mais na reunión da Asociación de Veciños de Nigrán. Hermida é vocal dela e tivo que aturar ao presidente que manifestou alí que non tiña información por parte do Concello da ampliación da estrada da vía que se vai ampliar e levará un carril bici.

Pola contra, días antes, Hermida no pleno dixo que había información de sobra no concello. Cousa que tamén os veciños presentes negaron coas súa voces e xestos.

Como di unha amiga, isto é unha proba máis do escurantismo con que se levan estes proxectos que saen en pleno verán para pillar por sorpresa aos veciños. De feito, está a se constituír en Nigrán dúas plataformas, unha da ampliación da estrada da Vía co carril bici e outra da Ronda de Vigo ata Porto Molle.

Por certo, respecto a doazóns como a que falabamos o outro día do alcalde de Nigrán, ten novas oportunidades de destacar nos medios de comunicación. Queremos proporlle que doe máis do seu soldo [vamos, dise capítulo polo que non cobra, xa que cobra doutros]así pode saldar as débedas como a do kiosco que xa non lle levan os xornais ao concello porque non lle pagan. Ademais, tan só de fotocopias, este Juanes ten unha débeda de 6.000 euros. Por iso, u outro día entre os veciños, no pleno, estaba a persoa a quen lle adebedan eses cartos. Juanes debería plantearse, en serio, doar todo "o seu soldo" durante toda a lexislatura. E pregúntame un veciño: ¿Qué é más urxente pór pedra sobre o edificio da praza de abastos da Ramallosa para tapar o amarelo e azul rechamante ou pagar aos provedores do Concello? A resposta é evidente, Juanes.

gargantaprofunda@vigometropolitano.com

    
Sobre este artículo
1 / 5 (2 Votos)
Encuesta
Hay un total de 46 votos
¿Considera necesario el aumento de la plantilla de la concellería de Urbanismo para la puesta en marcha del PXOM de Vigo?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com