|  | | | | | "Casate por interés y me lo dirás después", reza o dito castelán. GP. | | | |
Vanse repartir unha pasta gansa e non precisamente porque haxa lista de voda. ¡Iso é o que importa! ¿Verdade, Susa? Os mosenses van gastar 350.000 euros en soldos. Cinco dedicacións exclusivas e dous de libre designación. Este é o pacto o demais ‘pecata minuta’. O que importa son os cartos. María Jesusa Escudero xa ten un soldo de 40.000 euros ano. Martínez Ojea, aínda facendo de tripas corazón, vai embolsarse 35.700 euros pola tenencia de alcaldía. A quen lle amarga un doce?
O socialista José Campo, un dos máis grises do goberno de Jesusa Escudero, 31.000 euros por levar servizos públicos (auga, luz, sumidoiros..). Así as cousas máis vale tío que arranxes o tema do transporte, alomenos.
La super concelleira de Servizos Sociais, a amiguísima de Susa, la Lago de nombre Isabel, por servizos sociais 31.000 euros tamén. Cabaleiro, esto é 'pescador', con vías e obras e outras cousas outros 31.000.
A lucida concelleira de cultura agora pasa a Educación. Si, esa tal Fina ou Delfina. E Richard Guere, ou Castro, nada máis que deportes. Como di un amigo, así vai poder lucir o palmito no pavillón Oscar Pereiro e por outras instalacións deportivas. Xerardo Alonso o del de sempre, formación.
As dúas dedicacións exclusivas, unha para o PSOE e outra BNG, están por decidirse aínda que contanme que a socialista vai ser para a florista, Conchi, que regresa e que Susa quere darlle algo en pago aos servizos prestados na anterior andaina. A do BNG non debe ser moi importante porque non me chegou quen vai ser o agraciado.
En fin, este é o reparto dos cartos. Para iso tardaronse 14 meses e houbo que meter en danza ás cúpulas autonómicas dos partidos. Agora é cousa dos mosenses, a pagar, se mañá se aproba no pleno.
gargantaprofunda@vigometropolitano.com |