Fundación Caixa Galicia
Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Confidencial

Que vai doar Juanes!

por Garganta Profunda - 29/07/2008
Efrén Juanes nin siquera doa do que lle sobra e o fai con que non é del.

"Carcelero, date prisa que me muero". Isto canta Amancio Prada en ‘Canciones de Amor y Celda’. E isto mesmo é o que lle pasa ao alcalde de Nigrán respecto a praza de Abastos. Resulta que o socialista quere remediar esa cor amarela rechamante recubrindo de pedra a fachada orzamentada en 35.000 euros. E como a subvención da Xunta non alcanza (25.000 euros), di que ‘doa do seu soldo’ 10.000 euros. Je, je, je!

Juanes pensa que comulgamos con pedras de granito. Primeiro, anunciou que ía deixar o seu traballo de funcionario no cárcere da Lama para cobrar a dedicación exclusiva do Concello. Foi pondo prazos desde o pasado mes de decembro, logo xaneiro e máis tarde marzo e nada. Agora dixo que a partir de outubro. Total, non cumpriu a palabra dada.

Pois ben, o soldazo do alcalde é de 70.000 euros anuais coa Seguridade Social, como ata agora non o percibiu (35.000 tiña o anterior alcalde por media xornada), non é unha doazón. Si que cobra por asistencia a plenos, comisións e outras cousas da vida política, pero, amiguiño, de aí non saen os 10.000 euros. Desto si sería doazón.

Por outra parte, Efrén Juanes asegurou que non se aceptarían no concello subvencións que non cubriran o cento por cento do orzamento (25.000 neste caso). E aquí incumpre este punto.

O da praza de abastos ten graza. É prioritaria e urxente a remodelación? Non se podería solucionar con uns botes de pintura que custan 2.000 euros e darlle un ton máis escuro. Ou vai ser que é un antollo do concelleiro de Facenda e Urbanismo, Juan González (25.000 euros anuais no concello máis o soldo de Deputado que non debe baixar de 18.000 euros), que vive nas inmediacións do mercado e lle molesta esa cor rechamante?

gragantaprofunda@vigometropolitano.com

    
Sobre este artículo
2.5 / 5 (5 Votos)
Encuesta
Hay un total de 16 votos
¿Considera adecuado convertir el Rectorado de Vigo en un museo para las colecciones del pazo de Castrelos?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com