|  | | | | | Suárez nun momento de debilidade... | | | |
¿O tenente de alcalde cobrando as rosquilleiras? Pois si. Foi onte, ás 22.45 horas, no festivo das festas do Cristo de Salceda. O ‘Carpetas’, block en man, ía de posto en posto cobrando. ¿De quén sería, entón, a tarefa? Pois dun municipal ou da concelleira de Cultura, Teresa Pérez. Pero, non. Este grupo de goberno considera tan seu o concello que ata están dispostos a facer de tripas corazón. ¡Carpetas cobrando!
Por outra parte, hai contradicións xa que con outras corporacións pedíanse donazóns para a festa do Cristo e os que querían pasaban polos baixos do Concello e doaban algo. Agora, son tan ricos, que ni esto precisan.
Eso si, cóntanme que permiten que se abra na praza unha especie de bar nunha casa particular, sinalada cunha bandeira nacionalista, e facendo competencia aos demais hostaleiros. A que mo conta dubida incluso que tivera permiso municipal. ¿Quen foron alí a consumir? Pois os simpatizantes e militantes desa formación e algún despistado máis. Ben, ben, se é verdade, isto é o colmo.
E critican os salcedenses como desmereceu este ano a celebración das festas do Cristo. Non sei por qué non baixaron os santos das sete parroquias a misa de campaña na praza. Chégame que a concelleira de Cultura, a Tere, dixo (e soa a blasfemia) algo así como: "Era a festa do Cristo e xa chegaba". Así non me estraña que ao Carpetas lle moleste a xente que vai a santa Misa. Quizais lle lembra que el non o fai… En todo caso debería ser máis tolerante e permitir o que el non fai. E non aproveitar un pleno para dar caña a prensa, cando non se lle pode contestar. Carpetas, ¡estamos en un país con liberdade de expresión e non vas ser ti que nos reprimas! (a ver se te enteiras, macho). As cousas que contamos son verdade e, se non o son, vete ao xulgado. Como xa fuches e te arquivaron a denuncia contra Vm. O que pasa e que amola que che conten a verdade do teu desgoberno, ¿non si?
Nin os santos nin santo Besada, o alcalde, que reservouse para o partido de rivalidade contra Salvaterra. Din os que o viron xogar que en patalón de deportes semellaba a Popotitos da canción… Por certo, palmaron 5-4 os salcedenses e, por riba, foron a celebralo cos salvaterrenses ao bar de don Rodrigo. E con esta levan 4 derrotas desde que entrou a nova corporación. Outros anos eran pinchos pero este ademais cearon un arroz de marisco, cóntanme, de chuparse os dedos. ¡E logo non hai cuartos no concello de Salceda e hai xente sen cobrar as facturas!
Agora xa veremos o que da de sí a peatonalización de doctor Zunzunegui e a rúa Pontevedra que queda sen estacionamentos. De momento os comerciantes aínda non se enteiraron, pero cando esperten… Isto vai traer cola … Hoxe se aprobou no pleno extraordinario -¿urxía tanto; non se podía facer nun ordinario?- no que gastaron case 2.000 euros, nunha hora escasa, para dar a benvida a nova concelleira ‘popular’, un punto baleiro de contido e o finanzamento para a peonalización de dúas rúas. ¡Pois caro saídes aos salcedenses!
gargantaprofunda@vigometropolitano.com |