Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Confidencial

Francés xa prepara a súa retirada no caso de ir á oposición

por Garganta Profunda - 21/07/2008
Francés está a pensar en alto.

Raúl Francés xa buscou saída ‘profesional’ porque o seu corpo non está xa para pasar a oposición. Co gallo dos orzamentos 08 que volve a levar ao pleno o mércores 23, vinculados a unha cuestión de confianza, presionado sen dúbida polos seus compañeiros de grupo que Pereira, Diniz, Marcos e Mirian que querer cobrar. Aínda que el non o recoñeza nos medios, segundo me contan xentes moi próximas ao nacionalista.

Así as cousas, Francés prepara tamén a súa retirada por se houbera lugar. De feito, cóntame que falou con Quin para que lle busque un posteciño na Xunta para que lle vaia tan ben como ao seu ex asesor Quico Paz Antón que onte en Lubián metres Quin pedía amarrar que o Ave sexa para 2012, Paz axitaba unha bandeira (en fin, cada un vale para o que vale, comenta un amigo que lle ten gran aprecio).

Outra saída a francesa é para Raúl a posibilidade de enganchar nas autonómicas cun posteciño de deputado autonómico. Por iso pediu que quería ir á cabeza das listas do BNG. Pero, claro, ten un competidor difícil de bater, Roberto Mera. E practicamente seguro que o partido vai priorizar a Mera. En Pontevedra, os nacionalista van ter 3 ou 4 postos nas autonómicas e o lóxico e que os outros sexan para políticos nacionalistas da comarca do Salnés. Así que Francés ten más difícil isto que o anterior. Pero, como din na aldea, por se ‘ascaso’, está a buscarse a vida…

O mércores vótanse os orzamentos, quizais vai ser breve o pleno xa que os que teñen algo que dicir xa contaron o principal a semana pasada. No caso de non aprobarse, se non hai novo alcalde por acordo dos grupos, nos 30 días seguintes quedarían aprobados. O que tamén é certo que unha moción de censura non ten límite de tempo e pode ser presentada en calquera momento desta lexislatura.

Quizais os grupos non estiveron TODOS tan de acordo en botar ao BNG da alcaldía como agora. Ata o PSOE de O Porriño ten carta branca para facer o que queira a agrupación local, tras unha reunión o outro día. Así que estamos ante un novo capítulo na historia de O Porriño onde todo é posible.

E Francés se non prepara a súa saída que salga á contra que o diga.

gargantaprofunda@vigometropolitano.com

    
Sobre este artículo
2.5 / 5 (7 Votos)
Encuesta
Hay un total de 70 votos
¿Cree que Vigo es una ciudad ruidosa?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Termatalia

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com