|  | | | | | Con estes parterres a estrada é mais pequena e as árbores en area non durarán moito. | | | |
¡Incrible pero certo! Sucedeu en Goian, Tomiño. Tras unha remodelación da praia de Goian (¿remodelar unha praia fluvial?), na opinión de moitos veciños desafortunadísima, xa que eliminaron o aparcadoiro (¿que será dos tres chiringuitos?; ¿quen vai sacar os automóbiles cando queden enterrados?), botaron area por riba do asfalto, estreitaron a estrada, cortaron tres árbores grandes que sombreaban a praia, puxeron xogos infantís próximos as árbores que supoñen un perigo para os cativos e que nunha praia xa teñen diversión de abondo como para organizarlles máis a vida... En fin, tralo cúmulo de despropósitos desta ‘remodelación’ houbo un aínda un maior, de tomo e lomo, nesta iniciativa nacionalista.
Cóntanme que dous personaxes fundadores do BNG tomiñés obrigaron a empresa que realizaba os traballos na ‘remodelación’ da praia a levantar uns árbores que a empresa acababa de plantar. Eso si, nuns parterres sobre asfalto recheos de area (¿!)... tan só porque as árbores procedían dunha empresa vinculada coa oposición.
Co argumento de "regalámoschos nós" –quen aínda non sei se logo se materializou tan bondadosa doazón- foron a un viveiro do municipio e mercaron outros semellantes, nin mellores nin peores e os plantaron no mesmo lugar dos outros. A desculpa era que non tiñan a copa coma eles querían (eles que nin son concelleiros de Tomiño, claro).
Desde o punto de vista da natureza é o mesmo porque en lugar de morrer a primeira ducia de árbores, morrerán a segunda.
O mellor desta peli tomiñesa é que Sandra González, a alcaldesa, dalgunha maneira avergonzouse desta manobra un tanto ruín dos seus compañeiros de partido. |