|  | | | | | Diálogo 'paterno filial' entre Barros e Carrera. | | | |
Mañá toca orzamentos no Porriño. O pleno agardase animado tras os plenos de ‘encefalograma plano’ dos últimos meses. Haberá que ver que vai votar o grupo Popular cun Manuel Carrera reforzado tralo nomeamento de presidente local dos populares.
O que cheira algo mal e certa reunión na ‘Casa grande’ de Mosende –o día de san Bieito, ás 20.30 horas-, mantida en Mosende entre "Carreiriña" –como lle chamou Barros no congreso-, un importante constructor con intereses no municipio e un mediador para negociar entre o PP e BNG. ¡Quen mo conta da fe desta reunión, chamémoslle, semi-clandestina.
O raro é que non fora directamente Francés e non sería o primeiro pleno que prepara en casa de Barriños. E sorprende que se o PP xa retirou a Barros este siga rexendo os destinos dos ‘populares’ en O Porriño.
Temos que esixirlle a Carrera que se desprenda do seu protector e que ande só e arrisque. El é o presidente do partido e a vasalaxe xa rematou. Agora non ten desculpa. O que faga o deixe de facer vanllo computar a el e ninguén máis. Así que xógase todo e mellor que o faga por si mesmo, sen titorías de ningunha clase.
Pois nada. Imos ver o debut de Manuel Carrera. Agora que xa ten claro que se aproban por maioría simple a ver que fai e como o explica ao electorado a postura ‘popular’.
gargantaprofunda@vigometropolitano.com |