Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Confidencial

As falcatruadas do triunvirato Besada-Carpetas-Nato en Salceda

por Garganta Profunda - 16/07/2008
grupo nacionalista.

O BNG no goberno de Salceda segue a gañar amigos tras un ano de xestión. O triunvirato Besada-Carpetas-Nato cortan todo o bacallaou. Mentres xente como a flamante primeira alcaldesa de Salceda –Mónica Vizcaya-, cando o alcalde va de vacacións, cóntanme, que non quere seguir sendo floreiro. Está tan decepcionada que xura non volver na lista dos nacionalistas. Non lle deixan ser ela mesma. Mentres tanto a secretaria como o interventor, sobre todo este último, non quere máis que marchar porque o triunvirato queren que comulgue con rodas de muíño.

Os nacionalistas teñen tantos frontes abertos que xa non saben que buraco tapar. Anunciaron, no programa do verán cultural, actuacións no parque Raíña Aragonta e de momento todo iso volveu a praza do Concello (inchables e película). Quizais o sábado, día da Muiñeira, inauguren este parque no que non fixeron máis que levar mal o proxecto que no eran deles, como di unha amiga salcedense. Eso si están asustados polos 80.000 euros que reclaman os propietarios expropiados, uns sete. Agora veremos que di o Tribunal Superior de Galicia.

Tamén me contan que Besada se lle da moi ben bailar cos vellos. Así o fixo, hai aproximadamente un mes, quen sempre criticou nos plenos esto durante anos e anos. Tamén dinme que Vizcaya botou uns bailes. Dinme que fundiu 14.000 euros na comida deste ano cos maiores. E iso que os autobuses ao restaurante de Celanova os pagou a Asociación de Maiores. É dicir 40 euros por cabeza. E o menú non era tampouco de morte. Entrantes con polbo e empanada, pescada e unha carne.

Por certo, cóntanme que Fortunano, Nato, ten cara de santiño pero que meteu a súa cuñada no Grumir. E tamén me chega que dous dos tres capataces anteriores recorreron a súa expulsión. Xa que están en poder dun papel ou título do que os novos carecen.

gargantaprofunda@vigometropolitano.com

    
Sobre este artículo
2 / 5 (4 Votos)
Encuesta
Hay un total de 87 votos
¿Cree que es suficiente la partida que los Presupuestos Generales del Estado destinan a Vigo y su área de influencia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com