|  | | | | | Algo similar a esta placa da fonte da praza do Concello era o que querÃa colocar na fonte de Entenza. | | | |
Besada non ten sorte coas xanas das fontes. Seica o outro día en Entenza, na inauguración da remodelación dunha fonte, o alcalde estivo alí como un máis. Entenza é a súa parroquia. Ao final do discurso que recollía o traballo da Comunidade de Montes de Entenza para remozar esta arquitectura popular, alguén do BNG protestou de que non se lle nomeara ao alcalde no discurso.
A contestación non se fixo agardar. Algo así como: -O concello non aportou aquí nin un euro e polo tanto o alcalde é un veciño máis. Besada traía no C5 do concello unha placa semellante a que puxo na fonte da praza do Concello coa SC que xa popularmente chámanlle a "serpe" e que semella querer suplantar ao escudo do concello por non sei que teima nacionalista. O caso é que Marcos Besada puxo pés en polvorosa e marchou coa placa entre ... as mans.
O seu pai protestou a membros da Comunidade de Montes aoi ver como trataran ao seu fillo, sendo o alcalde-presidente de Salceda. Os veciños volveron sobre o mesmo e aseguraron que como volva a ter outra atrevemento do estilo na parroquia van metelo nunha poza como se atreva a volver aparecer nun acto con pretensións como o da fonte. ¡Besada segue a facer amigos!
gargantaprofunda@vigometropolitano.com |