Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Confidencial

O despotismo salcedense

por Garganta Profunda - 11/07/2008
Estas son as heroínas e os heroes aos que o goberno de Salceda non recoñeceu os servizos prestados.

Cóntanme –en rigorosa primicia e coa proximidade dun medio ‘on line’- que onte, no festival de Corais, en Salceda, o fillo da concelleira de Cultura, Teresa, –cun cativo dun 2 anos- deu o número no concerto chorando e facendo balbordo. Ata un director de coral deu media volta cara ó público como dicindo: ¿Sabemos onde estamos e a que? É máis xuntouse o cativo cunha nena e os dous ‘amenizaron’ o concerto de Corais. Pero, Teresa, ¿cómo levas ao cativiño ao traballo? ¡Tes que buscar outras fórmulas de conciliación da vida laboral e familiar! E non digamos nada sobre a asistencia a este acto do verán cultural. Nun auditorio de más de 300 prazas tan só 120 persoas. E, por riba, a señora concelleira a abrir e pechar o auditorio xa que os novos Grumir ou Protección civil aínda acábanse de incorporar. Quizais por iso comezaron 15 minutos tarde sobre a hora prevista. E outro detalle. ¿A que non adiviñan que lle regalaron as tres corais? Pois, si. A ‘serpe’, así se lle coñece a placa de porcelana que a falta do escudo municipal levaba ese invento malo nacionalista da SC que semella unha serpe.

E ¿saben algo dos novos Grumir? Pois contareilles que nigunha nin ningún dos que estaban antes gañaron o concurso oposición e quedaron fóra do servizo. Asi, asi. É máis, trataron de falar co alcalde Besada o martes pero non os recibiu. Hoxe venres, por fin, os recibiu. Estaban na reunión Besada-Nato-Cándido-Carpetas (ou Pichelas). Besada lanzou balóns fóra. Díxolles, con toda a cara: -Dependeu do Tribunal. Entón, elas (90% mulleres) chamáronnos mentireiros porque nos últimos catro meses propuxéranlles estar de voluntarias no servizo (sen gañar un euro) para facer méritos e conseguir puntos para o concurso oposición. E agora resulta que ningunha nin ningún ex Grumir aprobou e, polo tanto, todas/os fóra. Comentábanme que nin as grazas lle deu esa comisión municipal e "se eles sabían o que había" por que lles propoñer traballar sen gañar para quedar fóra. Polo menos que llo advertiran que podía saír ou non.

Os ánimos están tamén caldeados na rúa do vello concello, douctor Zunzunegui porque a van converter en peonil. Certo propietario dun bar, non hai moito que foi remozado, e partidario de toda a vida dos nacionalistas está a cambiar a súa orientación política debido ao despotismo das medidas de Besada e a súa comandita. Tivo que pedir reunión con Besada e total para escoitar que "algún día me agradecerás que faga a rúa peonil". Tamén lle preguntaron que ocorría cun taller de motos desta rúa e Besada como que se fuma un cigarro dixo algo así: "-Este tipo de negocios non é para estar no centro da vila, que vaian aos exteriores". Total este empresario, segundo me chega, vaise borrar de Acisa e da asociación de veciños e non lle vai dar o voto a Besada.

En fin, estas son as mostras do talante duns chegaron a goberno por casualidade e agora como o sapo da fábula van tan inchados que poden rebentar en calquera instante. ¡Ollo cos sapos!

gargantaprofunda@vigometropolitano.com

    
Sobre este artículo
1.5 / 5 (7 Votos)
Encuesta
Hay un total de 70 votos
¿Cree que Vigo es una ciudad ruidosa?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com