Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Confidencial

O PP do Porriño avanzou tanto con Carrera que xa non ten sede

por Garganta Profunda - 08/07/2008
Manuel Carrera, o político 'decisivo' para os orzamentos do Porriño.

O partido Popular do Porriño atravesa unha etapa tan nova que nin siquera conta con sede. A que tiña na rúa Antonio Palacios número 36, entrechán esquerda xa foi desmantelada. O último acto foi a presentación do 4º congreso do PP onde Carrera iniciou a súa carreira. Así no edificio a altura do entrechán xa non hai cartel nin bandeiras. Isto debe ser o primeiro e o último cambio máis importante que lle deu Manuel Carrera ao partido Popular do Porriño desde que foi nomeado presidente do Comité local.

Esta sede –coméntanme os vellos do Porriño- debeu ser mantida económicamente Barros senior ata o 99. Logo se fala dun concelleiro aparellador que debeu ter algunha relación na súa existencia. O caso é que a día de hoxe foi pechada tras máis de 20 anos.

Pero esto é unha nimiedade e para xente que acudiu ao congreso aquel sábado mellor que non haxa sede. Estamos en crise e hai que aforrar.

O tema do Porriño neste días son os orzamentos. Pleno imolo ter pero non están moi animadas, que digamos, as forzas políticas. Ivan Vaqueiro xa dixo a outros grupos que el non apoiará os orzamentos de Francés de ningunha forma e dubida que outro grupo o faga.

Manuel Carrera tampouco creo porque –despois de 13 anos na vida política-, aínda se enterou o outro día de que os ornamentos se han de aprobar por maioría simple, a metade máis un. Así que –como día Barros júnior- se ‘Carreiriña’ aínda está nesas, pois non creo que sexa capaz de abstraer o concepto de orzamento. E mellor que non se esforce moito non vaia ser que lle dea unha paxara como cando era ciclista.

gargantaprofunda@vigometropolitano.com

    
Sobre este artículo
2 / 5 (4 Votos)
Encuesta
Hay un total de 87 votos
¿Cree que es suficiente la partida que los Presupuestos Generales del Estado destinan a Vigo y su área de influencia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com