|  | | | | | Besada e Marta, durante a celebración dun pleno da corporación salcedense. | | | |
Besada creo que xoga aceptablemente a chave. O polo menos iso me chega dos veciños do barrio salcedense de A Feira que celebraron onte a festa no parque dos Agoeiros.
E tamén cóntanme que os organizadores da festa do Cubalitro tiráronlle onte das orellas ao alcalde Besada en A Feira. Besada saíu como puido desculpándose con que era cousa da concelleira de Cultura, Teresa Pérez que como é de dominio público é nativa do barrio adversario, O Barreiro. É aquelo de que subvencionan ao carnaval de verán do barrio da Feira, pero non a festa do Cubalitro está a levantar ampolas.
Sin embargo, desde a praza do Concello chéganme cousas moi malas desa tropa que intenta gobernar Salceda. Primeiro un plante da secretaria, cousa inaudita na historia deste concello. A señora secretaria levantouse nunha xunta local de goberno deu un portazo e marcho por estar en desacordo con certas bases dun concurso.
Tamén me chega de fonte clara e cristalina que as bases de contratación do persoal do Grumir (9 peóns e 3 capataces) tiveron o informe negativo da secretaría que puxo reparos e a pesar de todo se levaron adiante.
¿Qué máis neste repaso do concello salcedense? Pois había que ver al Carpetas en Paderrubias todo ‘maquedado’, juapísimo (agora xa viste de marca como Quin. ¡Qué rapido se aburguesan os nacionalistas no poder!), eso sí, non votou unha man a pesar de ser secretario da asociación Xunco. Como quen di veu a inspeccionar e desapareceu pronto quizais porque marchou a ver a Treixadura na praza do Concello.
Os que están que trinan son os da Picoña porque este desgoberno de Salceda fixo coincidir as festas da Virxe da O coa actuación mellor –dentro da trapallada de Verán Cultural- que foi Treixadura. Así os da Picoña perdéronse a actuación. En anos anteriores endexamais se fixo coincidir deste xeito a programación cultural.
gargantaprofunda@vigometropolitano.com |