Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Confidencial

As xestas epico-líricas de Besada

por Garganta Profunda - 01/07/2008
Vizcaya, a expeditiva con Cabaleiro cando se lle responsabilizou dos análises das fontes públicas do municipio.

O alcalde de Salceda, o nacionalista Marcos Besada, segue a protagonizar capítulos ‘gloriosos’ na historia do municipio. Cóntanme –e a fonte é boa- que na noite de san Xoán ía un tanto apurado cara o Faro do Espicho. Colleu a estrada de Paramos e na recta de Parderrubias, o C5 do Concello asegúranme que ía a 120 quilómetros por un lugar onde hai que ir  a moito menos. Sería a eso das 11.30 da media noite e vese que chegaba tarde a cacharela. ¡Besada, vai a modiño que é o coche do Concello e custa unha pasta!

 

Outro capítulo memorable foi no Festisahara, un festival benéfico para recaudar fondos. O alcalde Besada ao ir mercar as entradas dixo algo así como: -¡jo…er que caras! E o bo de Nato sacou a carteira e díxo: -Deame tres.

 

Máis diver foi o do pleno. A pregunta do PP sobre se se analizaron as fontes do municipio (deberíase facelo anualmente) se lle indicou ao concelleiro de medio ambiente que constestara e este dixo que era cuestión de Mónica Vizcaya, concelleira de Sanidade. Pero isto devolveulle a pelota e volveu apagar o micro. Entón Cabaleiro encedeu para dicir que a Lei de Sanidade é clara neste sentido. E Mónica que xa llo explicaría. Entón, entrou en liza, Besada. Admitiu que no último ano non se fixo (se Chicho tampouco o fixo -que non o sabemos-, antes de se marchar) estaríamos con dous anos de auga sen analizar.

 

Os da Feira e o Barreiro tamén andan a greña. Resulta que o concello incluíu no programa do verán cultural o entroido de verán que organiza O Barreiro en cambio non se fixo mención no programa a festa do Cubalitro. Desde o concello dise que esta segunda é una promoción do alcol. Esperemos que esta distinción non sexa porque a concelleira de cultura, Tere é do Barreiro.

    
Sobre este artículo
3 / 5 (2 Votos)
Encuesta
Hay un total de 70 votos
¿Cree que Vigo es una ciudad ruidosa?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com