|  | | | | | Juanes (PSOE) non lle fai moito caso a Giráldez (BNG) como durante este pleno e semella que non quere lle rompa moito a cabeza. | | | |
Os ciumes no BNG de David Giraldez deben estar aflorando xa que o domingo, trala procesión da Nosa Señora do Carme, Efrén Juanes, alcalde socialista de Nigran foi visto no porto de Paxón tomando unha cervexa nunha terraza con Antonio Fernández e Charo Valverde de UCN a eso da media noite do domingo.
Tódolos veciños fanse eco deste xesto sen precedentes na actual legislatura municipal. É máis, cotilléanme que Juanes dixo algo así como: a ver se isto serve para facilitar un pacto estable de goberno.
Fóra bromas o alcalde está a pasalas canutas cos seus socios nacionalistas que como non saben facer outra cousa que oposición a fan incluso estando dentro do goberno. E iso é moi fastidiado e desgasta nun bigoberno.
Pois nada, xunto con Efrén e Antonio e Charo, os socialistas Juan Hermida, Puri, Cándido e Doldán. Este último é o home dos tráfagos pois leva tráfico e asuntos marítimos. E aínda así algún se pregunta que fai co tema da praia da Madorra entre máns. ¿No é un cometido para o ecoloxista Hermida? En fin, Juanes ha de saber de que vai isto.
Cóntanme que o tema do alumeado tamén xera divisións aínda dentro do PSOE. A medida de pagar unhas lámparas si e outras non está a crear un mal ambiente entre a veciñanza. Por outra banda, Antonio Fernández de UCN presentou recentemente unha moción para poñer en marcha un verdadeiro plan de aforro enerxético pero xa veremos se lle fan caso. Mentres o BNG amola ao alcalde trasladándolle as queixas dos veciños. É dicir a teima de ser oposición aínda gobernando.
Veremos en que queda este ataque de ciumes dos nacionalistas e do guiño de Efrén aos independentes. Ao mellor queda en nada pero tamén podería ser o inicio dun idilio político que podería levar a pedir a separación do BNG e pactar con UCN. O tempo encargarase de amosarnos por onde vai a política municipal nigranesa.
gargantaprofunda@vigometropolitano.com |