|  | | | | | Valverde (sentado) e Fernández, falando uns minutos antes do pleno do pasado mes de maio. | | | |
O mozo ‘popular’ nigranés Alberto Valverde é obxecto de rumores no seu municipio que apuntan certo descontento do xeito de levar ao partido Popular.
Cóntanme que hai uns días Alberto concidiu con Alberto Núñez Feijóo, o presidente do PPdeG, que de cando en vez vai xantar a Nigrán. Puxeronse nunha terraza dun paseo a tomar un café. Cando pasaron por alí dous militantes populares, Alberto considerou que debía presentarlle ao seu xefe de filas. E así o fixo. O peor foi que cando Feijóo se lles pregunto por como ía o PP de Nigran este expresaron as súas queixas e malestar. Así Alberto Valverde quedou en evidencia diante do presidente do seu partido.
Tamén cotillean en Nigrán que cando foi a entrega de medallas aos veteranos militantes, con Feijóo e Louzán, ao parecer o presidente provincial houbo de lle baixar os fumos a Valverde que aínda ten moito que facer polo partido e, como dicían algúns, non todo é chegar e encher.
Últimamente, Alberto Valverde está un pouco celoso e nervioso co seu compañeiro de oposición Antonio Fernández de UCN. Valverde é coñecedor de que Antonio ten fío directo con Louzán e que hai certas negocións que poderían dar algún froito próximamente de cara á estratexia de oposición en Nigran da dereita fronte ao bigoberno PSOE-BNG.
Ata agora é todo o contrario. Incompresiblemente Valverde vota distinto de Fernández en moitos plenos. Outras veces, cóntanme, que cando teñen puntos en común os presentan por separado. Valverde semella que quere todo o protagonismo para sí mesmo. E así non vai a ningures. A pasada semana coincidiron nunha moción e en lugar de refundir ambas nunha, Valverde quería que Fernández retirase a súa e apoiase a popular. ¿Quen entende isto? De seguir así, comentame unha amiga, ¡mil anos na oposición para a dereita en Nigrán!
Agardemos que cheguen a un entendemento que é bo para facer oposición nun concello gobernado ata o de agora pola dereita. E que todo isto sexa froito da inexperiencia da mocidade do portavoz 'popular'.
gargantaprofunda@vigometropolitano.com |