Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Confidencial

¿Poderían chegar a rachar o pacto de goberno?

por Garganta Profunda - 20/06/2008
Marinita y Quico (no extremo da mesa, en primeiro plano), do PSOE, dicindo amén ao que dicta o Bloque Nacionalista nun pleno de Salceda.

Tanto Marinita –aquela que pudo ser alcaldesa pero que non soubo chegar a isto- como Quico, os concelleiros socialistas de Salceda, acaban de facer balanzo dun ano de xestión nas súas tres áreas (emprego e formación, educación e medio ambiente) e din o que poden. Pero a realidade é que co que non están contentos é co tratamento que lle dispensan os socios de goberno, os nacionalistas. Invaden as súas áreas e os ningunean, aínda que Quico e Marinita en público digan o que din. O certo é que están cansos de Besada e Suárez e o resto da comandita. Non creo que cheguen a rachar o pacto pero non porque non lles falten gañas.

Hai uns días instaláronse novos cestos dos papeis nas rúas. Os do bloque querían que as papeleiras levaran esa iniciais que inventaron e non o escudo do concello, "SC". Quico nun esforzo ímprobo conseguiu que levaran o escudo. Pero, ¿qué aconteceu? Pois instaladas, aos poucos, apareceron co escudo arrancado. ¿Quen son? Non é difícil sabelo. E calquera día póñenlle esa especie de marca gandeira que inventaron estes progres gobernantes.

Ao final, conclúen os socialistas a media voz, en círculos máis íntimos, que Besada é como Chicho agás de ter participación nunha inmobiliaria. É isto é moi ‘heavy’. De tódolos xeitos creo que hai moitas máis diferencias salvo que un simplifique moitísimo.

Sen embargo, Besada está coma un señorito no seu pazo. Nunca na vida soñou vivir esta situación tan doce que lle proporciona a política (que da moito e pide pouco a cambio). Cóntanme que na Festa do Polo veu de sobrado no C5 do Concello coa súa compañeira a bordo.

Este mozo vai cobrar agora máis de 7.000 euros de paga extra. Suárez, 6.000 e Vizcaya 3.000. Dinme un veciño que agardaba algo máis deles, pero xa se ve que a cousa non ten volta. Dan de si o que dan e non hai que esperar ameixas das silveiras.

gargantaprofunda@vigometropolitano.com

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 46 votos
¿Considera necesario el aumento de la plantilla de la concellería de Urbanismo para la puesta en marcha del PXOM de Vigo?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61

Warning: mysql_query(): 8 is not a valid MySQL-Link resource in /usr/home/vigometropolitano.com/web/cowadmin/functions/sql_functions.php on line 61
Powered by: PHPCow.com