Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Confidencial

Os piropos a Nidia dun locutor bonaerense desmereceron a Susa

por Garganta Profunda - 23/04/2008
A Susa moi solitaria na Argentina tan só aquelada pola súa dama de compañía a Delfina ou Fina, a sazón concelleira de cultura reprobada (a das axendas en castelán). Mentres Nidia e Xosé Manuel Martínez Ojea aproveitaron a viaxe tamén para visitar parentes, pero o dúo Susa-fina máis solitarias que nunca en Bos Aires.

 

Claro que ían ao que ían, pero non tiveron outra vida ca oficial, diríamos. O mellor e o que sucedeu nunha emisora de radio boanerense. O locutor boutoulle un piropo a Nidia dicindo algo así como que el quedábase coa xuventude e a beleza do PP. Entón Susa veuse obrigada a contestar un: “Eu xa teño parella”. E o locutor deuse conta e intentou remediar o asunto cun: sen desmerecer a señora alcaldesa... En fin, que o concurso o gañou Nidia. A Susa soa, moi soa a pesar da dama de compañía, Delfina.


*   *   *

 

Por outra parte, a actualidade empresarial no solo industrial mosense no caso da fábrica Draka é curioso. Cóntanme que non é unha quebra e que incluso hai un acordo cos traballadores para a reubicación da empresa. Outros rumores falan de que a empresa, en certo momento, decidiu ampliar a nave e a cadea de montaxe pero non atopou receptividade no Concello e por iso agora vaise. De feito, unha parte do terreo –sópranme- é de titularidade municipal e como outras empresas instaladas no concello, iste non está a ter un trato favorable con empresas instaladas en terreo municipal.


*   *   *

 

Tampouco é moi positiva a situación das negacións para o pacto do goberno PSOE-BNG, trala reunión de hoxe. A cousa está moi fría, cóntame alguén que sabe ben de que vai isto. Susa a pesar da situación económica do Concello e sen orzamentos non da o brazo a torcer e insiste, machaconamente, en cargos de libre designación cando na Xunta de Galicia a cousa va noutro sentido. O martes 29 seguirán as negociacións.     

gargantaprofunda@vigometropolitano.com

    
Sobre este artículo
Encuesta
Hay un total de 86 votos
¿Cree que la ley debería ser más rigurosa contra infractores reincidentes como 'Makelele', implicado en las muertes de Jenaro de la Fuente?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com