|  | | | | | Caride rÃndese ante as reivindicacións de Marta Valcárcel. GP. | | | |
En Salvaterra hoxe amolaron a María José Caride. A conselleira de Política Territorial que lucía un abriguito moi mono atopou a unha tenente de alcalde rebelde, Marta Valcárcel, que lle dixo no seu discurso que ben a mellora da PO-402 pero que aínda había que facer máis. E que tiña tantas curvas e moitas perigosas; que había que ampliar as beiravias e que tiña que facer algo no cruce de Leirado coa estrada provincial… Así que os besos da chegada non se repetiron a saída.
Por riba estaban os dos dereitos mineiros. Eses que queren cobrar e non lles pagan pola Plisan. Cantáronlle para decirlle que se vaian do goberno os do BNG e dos PSOE. Ata un cocelleiro socialista levaba a voz cantante. Preguntado de cómo tira pedras contra o propio tellado, respondeu: “Eu non coñezo a ninguén”.
Isto tampouco lle gustou a María José Caride que saíu cara a As Neves a ver se lle daban mellor trato. Sen dar o paseo previsto pola estrada remozada que os xefes de gabinete tiñen programado para facerse a foto.
Así que foi unha boa aterraxe na comarca do Condado.
gargantaprofunda@vigometropolitano.com |