|  | | | | | MarÃa Jesusa coa súa equipa dÃas antes de chegar ao poder en Mos. GP. | | | |
María Jesusa debería estar a loitar para que se suprima a peaxe da autopista Puxeiros-Tui xa que non hai cartos para facer a nova autovía.
Susa debería saber que a peaxe de Sacyr non custa máis dun 2 ou 3 por cento do que custaría a nova autovía. Por certo, sen cartos para executar o proxecto. Apenas 300.000 euros para estudos e proxectos que non dan para nada.
A Susa debería defender a Mos buscando esa supresión da peaxe e convertendo a autopista en autovía. Se lle preocupasen os accidentes diarios e a ruindade de Tráfico cuns axentes que se achantan cos radares para cachar aos conductores desprevidos. ¿Que autovía é, se hai que circular a 60?
Non só non se construirá esta autovía. Tampouco a Ap9-aeroporto nin a Cans-Pontevedra nin sequera o enlace Cans-aeroporto en Louredo. ¡Nada, de nada! ¡Non hai cartiños!
Susa cómpre que fixese xestións polo menos para xustificar os euros que gañan no concello ela e a súa tropa.
¡Sacyr vende xa! A empresa non ten un tráfico que faga rendible o tramo. Por iso agora é o momento de mercar a peaxe.
¿Onde está aquela secretaria da asociación de veciños contra a autovía que foi Susa? ¿Onde aquela concelleira da oposición que lle deu vida a unha Isabel Lago a perruqueira da Baixiña que reclamaba unha pasta pola súa casa próxima a autopista? ¿Que se fixo daquela Susa?
gargantaprofunda@vigometropolitano.com |