|  | | | | | O alcalde de Salceda, Marcos Besada, nun desinteresado discurso na inauguración do parque RaÃña Aragonta. GP. | | | |
O Besada estivo naif (inxenuo) na inauguración, o pasado sábado, do parque Raíña Aragonta de Salceda. Un proxecto –a verdade por diante- da anterior corporación municipal ‘popular’ que a actual sacou adiante tarde, mal e arrastro.
Sobre o acto planeou esa serpe azul que din imaxe corporativa do concello. Esa espurea e simplona SC que algúns traducen por Sen Chicho.
Primeiro no discurso o alcalde Besada demostrou non ten idea de historia polos años nos que datou a raíña Aragota, alá polos anos 1200. Aragonta foi Raíña de León e casou con Ordoño II en 924. O rei abandonouna meses despois para casar coa filla do rei de Navarra, dona Sancha. Estraña que o Carpetas ou Pichelas non asesorase ao alcalde despois da lección histórica que nos deu no pleno sobre a antigüidade do mercado de ambulantes dos mércores. ¡Que para iso cobra ben!
Agora ben, e ¿a placa? ¡Que orixinal, amigo Besada, que tenra, que infantil...: "Este parque foi inaugurado polos nenos e nenas de Salceda... sendo alcalde...". Ata aquí ¡que naif! Eso si, non deixas de te perpetuar na placa, cando criticabas aos demais. Agardamos que ninguén a roube como pasa en municipios limítrofes como Mos, residencia do alcalde.
Por certo, dixéronme que a cativiña que acaba de ter a compañeira de Besada, a súa primeira filla, foi rexistrada no Concello de Mos. ¡É que Cela tira moito, alcalde!
Pero, sen dúbida, o máis agradecido do acto foi a mención de esguello a ese concelleiro de vías e obras, parques e xardíns que traballa –dixeches- sen cobrar un euro ou duro (non sei exactamente xa que non asistín a acto tan repugnante). Case que todos entenderon esta pequena homenaxe a Fortunato ¿Álvarez? (non recordo). Ben, que nós saibamos Nato cobra por asistir aos plenos e as comisións así que non ha de ser tan desinteresada a súa colaboración. Besada, ¿queres quedarte con nós ou que?
gargantaprofunda@vigometropolitano.com |