08/08/2008 Besada discrimina en función da lingua que empregan os veciños
Contanme que hai uns días, unha salcedense que presentou os papeis no concello para cobrar eses 100 euros mensuais a nais que traballan e deron a luz un fillo, todo foron dificultades. O caso é que non llos devolvían asinados polo alcalde Besada.
Pregunta que te preguntarás e un día e outro, e non se asinaban os papeis. Tampouco lle dicían o por que. Ata que un día, farta xa a señora, volveu ao concello e sorte, Besada entraba pola porta. A funcionaria á que lle estaba preguntado a señora, púsolle os papeis para asinar e, sen comentar nada, firmounos sobre a marcha.
Total, o alcalde discrimina en razón da lingua. Se te expresas en galego ben, senón tódolos atrancos do mundo. Pura...
07/08/2008 O dobre xogo do concelleiro nigranés de Medio Ambiente
Cóntanme desde Nigrán que Juan Hermida o concelleiro socialista de Medio Ambiente estivo o outro día caladiño de mais na reunión da Asociación de Veciños de Nigrán. Hermida é vocal dela e tivo que aturar ao presidente que manifestou alí que non tiña información por parte do Concello da ampliación da estrada da vía que se vai ampliar e levará un carril bici.
Pola contra, días antes, Hermida no pleno dixo que había información de sobra no concello. Cousa que tamén os veciños presentes negaron coas súa voces e xestos.
Como di unha amiga, isto é unha proba máis do escurantismo con que se levan estes proxectos que saen en pleno...
04/08/2008 A Francés se lle acumulan os requirimentos xudiciais
Raúl Francés ten medo a ser o ‘rei destronado’, pero así é a vida. Mentres se lle están a sumar as comparecencias xudiciais. Esa obra de Torneiros da que xa falabamos ten xa citación de xuízo para o mes de setembro.
Ademais a Francés cércanlle os embargos salariais como é o caso do edificio da rúa Cando. Semella que non lle importa moito pois non da resposta.
Esperemos que non o chamen polo ‘Paseo Marítimo’, o edificio en construcción da rúa Ramiranes. ¡Isto xa sería o colmo!
Para estas visitas ao xulgado podería ir xa sen o súa categoría de alcalde. E, claro, se así fora aínda ía ser máis amargo o...
30/07/2008 350.000 euros en soldos costará o pacto PSOE-BNG en Mos
Vanse repartir unha pasta gansa e non precisamente porque haxa lista de voda. ¡Iso é o que importa! ¿Verdade, Susa? Os mosenses van gastar 350.000 euros en soldos. Cinco dedicacións exclusivas e dous de libre designación. Este é o pacto o demais ‘pecata minuta’. O que importa son os cartos. María Jesusa Escudero xa ten un soldo de 40.000 euros ano. Martínez Ojea, aínda facendo de tripas corazón, vai embolsarse 35.700 euros pola tenencia de alcaldía. A quen lle amarga un doce?
O socialista José Campo, un dos máis grises do goberno de Jesusa Escudero, 31.000 euros por levar servizos públicos (auga, luz, sumidoiros..). Así as cousas máis vale tío que arranxes...
29/07/2008 Que vai doar Juanes!
"Carcelero, date prisa que me muero". Isto canta Amancio Prada en ‘Canciones de Amor y Celda’. E isto mesmo é o que lle pasa ao alcalde de Nigrán respecto a praza de Abastos. Resulta que o socialista quere remediar esa cor amarela rechamante recubrindo de pedra a fachada orzamentada en 35.000 euros. E como a subvención da Xunta non alcanza (25.000 euros), di que ‘doa do seu soldo’ 10.000 euros. Je, je, je!
Juanes pensa que comulgamos con pedras de granito. Primeiro, anunciou que ía deixar o seu traballo de funcionario no cárcere da Lama para cobrar a dedicación exclusiva do Concello. Foi pondo prazos desde o pasado mes de decembro, logo xaneiro e máis tarde marzo e nada. Agora dixo que a partir de outubro. Total,...