3 de September de 2010










A web de Política Lingüística incorpora novos materiais en galego como felicitacións, carteis comerciais e información sobre a volta á escola
Domingo 26 de agosto de 2007.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de incorporar na súa web www.xunta.es/linguagalega novos recursos dixitais en galego. Coincidindo co inicio do curso escolar, o espazo web inclúe un novo apartado, a volta á escola, no que se lle proporciona ao usuario a descarga de diverso material de utilidade en lingua galega, como etiquetas para a identificación dos cadernos e libros, ou un horario escolar para cubrir polo interesado.

Así mesmo, co obxectivo de facilitar o uso do galego en todos os ámbitos da vida cotiá, a web pon á disposición do internauta outros recursos dixitais destinados ao sector do comercio e á poboación infantil e adulta, en xeral. Carteis galeguizados de rebaixas, descontos, liquidación por peche ou reformas, así como sinais de prohibición de fumar ou de zonas habilitadas para o consumo de tabaco poden ser descargados desde esta páxina.

Ademais, a web de Política Lingüística proponlles aos máis pequenos ideas para o seu lecer, entre as que se atopan dar os primeiros pasos na cociña con receitas sinxelas, ou celebrar unha boa festa para os amigos, coa posibilidade de descargar convites dos Bolechas. Tamén se ofrece a opción da descarga de postais de felicitación en galego.

Porta de acceso á cidadanía

A páxina web da secretaría xeral é unha "porta de acceso diaria" para centos de usuarios interesados por obter unha completa perspectiva da lingua galega e acceder aos servizos que ofrece a Administración autonómica en materia lingüística. As convocatorias de formación e de axudas ou o asesoramento lingüístico son os contidos que suscitan maior interese entre os internautas, de feito, rexistran a maioría das visitas.

O departamento que dirixe Marisol López conta ademais cun boletín de noticias electrónico, ’Novidades da Lingua Galega’, con toda a actualidade quincenal que xera a secretaría. O boletín ten xa 400 subscritores.

O tenente de alcalde di na súa visita á CEP que a cidade necesita "superar a crispación e o desencontro"

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, mantivo este martes unha xuntanza co presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), José Manuel Fernández Alvariño, e varios membros da xunta directiva da entidade, continuando así coa rolda de contactos que está mantendo cos diferentes colectivos sociais e económicos da cidade.

O tenente de alcalde salientou a coincidencia que se amosou na reunión para que a cidade "supere a crispación e o desencontro" e "traballemos desde todas as institucións e entidades na mesma dirección".


“Vigo escapadas”, despierta una gran expectación entre los visitantes de Expogalaecia

El programa turístico “Vigo escapadas” que promueve la Asociación de Hostelería de Vigo en colaboración con el Concello y Turismo Rías Baixas, de la Diputación, está despertando gran expectación entre los visitantes de Expogalaecia, el salón de Turismo que desde ayer permanece abierto en el IFEVI.

Los visitantes del certamen que proceden de otras provincias y también de Portugal, han mostrado gran interés por conocer las distintas opciones que se ofrecen en el programa Vigo Escapadas, un programa cuyo objetivo no es otro que el de potenciar las estancias cortas en la ciudad viguesa, fundamentalmente de fin de semana, mediante paquetes cerrados.


 
Cangas Bueu Moaña Soutomaior Fornelos Pazos Redondela Vigo Mos Nigrán Porriño Ponteareas Mondariz Mondariz Balneario As Neves Salvaterra Salceda Gondomar Covelo Arbo As Neves Salvaterra Salceda Tui Gondomar Baiona Oia Tomiño Oia Tomiño O Rosal A Guarda Covelo Cañiza Crecente Arbo