3 de September de 2010










A recuperación de estandartes como símbolos históricos galegos
Abril de 2005 POR Vm

"A idea xurdiu nun festival folclórico da Bretaña francesa no verán do 2004", explica Pedro Eiriz, un dos impulsores desta iniciativa de recuperación de símbolos históricos galegos. “Un dos grupos de baile levaba como estandartes a bandeira moderna da Comunidade de Bretaña e máis a antiga bandeira do ducado medieval bretón. Falando sobre o positivo márketing decorativo dos símbolos históricos naquel festival, un amigo noso de Irlanda sinalounos que no seu país tamén utilizan outras bandeiras históricas en complemento da oficial para decorar eventos culturais ou deportivos. A conclusión foi inmediata: pois se a eles funciónalles, a nós tamén, que por símbolos históricos en Galicia non han faltar.”
  Galliciense.  - 16 KB
Galliciense.

Despois de case un ano de discusión e investigación, este grupo de apaixoados pola historia decidiu lanzar a reproducción de dúas antigas bandeiras galegas: a bandeira altomedieval do Reino de Galicia e o estandarte baixomedieval da dinastía sueva do Galliciense Regnum. Estas dúas reproduccións están disponibles nun tamaño estándar de 150 x 90 cm, feitas en tela poliéster de alta calidade, con reforces e dous aneis metálicos laterais para permitir o seu arriado.
Graal. - 14.8 KB  
Graal.

"Reproducir a bandeira histórica do Reino Galego foi unha decisión obvia”, explica Pedro Eiriz. “O Santo Graal ou copón que garda o sangue de Cristo é o máis antigo símbolo institucional de Galicia en activo. Aparece por primeira vez nun armorial inglés de 1282 como bandeira dos reis de Galyce e seguímolo utilizando hoxe no noso escudo e na nosa bandeira. Ten case mil anos de idade, é o símbolo histórico que máis longo ven representando ao país dos galegos como institución “. Durante os últimos oito séculos, este símbolo de Galicia foi evolucionando progresivamente da representación inicial dun copón en fondo azul ao presente deseño do copón acompañado por sete cruces, fixado en 1972 pola Real Academia Galega. “É unha bandeira elegante, fermosa... é o símbolo dun longo milenio de galeguidade."

  Galliciense.  - 27.9 KB
Galliciense.

O verdadeiro rescate histórico desta iniciativa chegou cando os promotores decidiron facer unha reproducción do estandarte da dinastía sueva do reino baixomedieval. “Non chegabamos a un acordo sobre a segunda bandeira que iamos recuperar, así que organizamos un pequeno estudo de mercado cun grupo de trinta persoas. O resultado da enquisa foi case unánime”. A única descripción conservada da bandeira sueva data dun informe apresentado á Xunta do Reino de Galicia en 1669. Tomando como base aquela referencia histórica, concretouse unha bandeira na que figuran un dragón verde e un león vermello sobre fondo dourado, en forma e posición acorde co uso común na heráldica europea. ”Foi sorprendente, todos os cuestionarios puntuaron esta bandeira co máis alto en atractivo, vitalidade, dinamismo e forza. Prácticamente todos os participantes na enquisa caíron namorados deste estandarte da dinastía real da antiga Gallaecia".

Graal.  - 23.7 KB  
Graal.

A primeira producción de bandeiras xa foi reservada completamente e actualmente vai en camiño unha segunda remesa para satisfacer aos compradores en segunda lista de espera. “Non sabiamos realmente a demanda que este produto podería xerar, así que decidimos facer unha primeira edición limitada a 400 bandeiras e empezar a vendelas polo internet ”.

O website de información e venda de bandeiras históricas galegas www.bandeirasgalegas.tk rexistrou máis de 7.000 visitantes no primeiro mes de actividade, con pedidos de bandeiras orixinando non só en Galicia máis tamén noutros países como nos Estados Unidos, Arxentina ou Irlanda. Segundo Pedro Eiriz, o cliente típico é galego residente en Galicia ou na emigración e fai compra dunha bandeira galega xunto cunha bandeira histórica. “A nosa intención agora é que estas bandeiras se poidan vender en comercios das principais cidades da xeografia galega para antes do 25 de Xullo. Estamos facendo todo o posible para que ninguén quede sen a súa bandeira histórica galega favorita.”

Bandeira galega.  - 11.4 KB

Bandeira galega.

As bandeiras históricas reprodúcense en todos os países de Europa por diferentes motivos: decoración en festas folclóricas e festivais históricos, coleccionismo e uso persoal, engadir colorido a reunións e eventos deportivos, etc. Os promotores da iniciativa móstranse optimistas sobre o futuro uso destes símbolos pola sociedade civil: “Son símbolos de Galicia, símbolos históricos que representan a todo o país e que unen a todos os galegos por riba de calquer orientación ideolóxica. Ahí temos o exemplo do ben que lles funciona en Bretaña, en Irlanda, e noutros países europeos, e vendo a demanda inicial que están a ter estas reproduccións todo indica que aquí vai terminar pasando o mesmo. Verémolas en Riazor, en Ortigueira, en Ribadavia, e quen sabe, se cadra un día algunha destas bandeiras convértese na bandeira oficial do presidente de Galicia, do mesmo xeito que a bandeira histórica irlandesa da Arpa acabou converténdose no estandarte presidencial irlandés.”


Enviar el artículo a un amigo
Destinatario  :
(introduzca el email del destinatario)

De parte de 
(introduzca su propio nombre)

(introduzca el email del remitente)

O tenente de alcalde di na súa visita á CEP que a cidade necesita "superar a crispación e o desencontro"

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, mantivo este martes unha xuntanza co presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), José Manuel Fernández Alvariño, e varios membros da xunta directiva da entidade, continuando así coa rolda de contactos que está mantendo cos diferentes colectivos sociais e económicos da cidade.

O tenente de alcalde salientou a coincidencia que se amosou na reunión para que a cidade "supere a crispación e o desencontro" e "traballemos desde todas as institucións e entidades na mesma dirección".


“Vigo escapadas”, despierta una gran expectación entre los visitantes de Expogalaecia

El programa turístico “Vigo escapadas” que promueve la Asociación de Hostelería de Vigo en colaboración con el Concello y Turismo Rías Baixas, de la Diputación, está despertando gran expectación entre los visitantes de Expogalaecia, el salón de Turismo que desde ayer permanece abierto en el IFEVI.

Los visitantes del certamen que proceden de otras provincias y también de Portugal, han mostrado gran interés por conocer las distintas opciones que se ofrecen en el programa Vigo Escapadas, un programa cuyo objetivo no es otro que el de potenciar las estancias cortas en la ciudad viguesa, fundamentalmente de fin de semana, mediante paquetes cerrados.


 
Cangas Bueu Moaña Soutomaior Fornelos Pazos Redondela Vigo Mos Nigrán Porriño Ponteareas Mondariz Mondariz Balneario As Neves Salvaterra Salceda Gondomar Covelo Arbo As Neves Salvaterra Salceda Tui Gondomar Baiona Oia Tomiño Oia Tomiño O Rosal A Guarda Covelo Cañiza Crecente Arbo