3 de September de 2010










María do Ceo, directo ao corazón
O ano que vén co gallo do centenario da morte do poeta de Celanova Curros Enríquez a cantante vai editar un disco aos poetas de Celanova
Septiembre de 2007 POR

María do Ceo, no café Isaac de Ourense, durante a presentación de ’Tan lonxe’, o pasado 12 de setembro.  - 20.5 KB  
María do Ceo, no café Isaac de Ourense, durante a presentación de ’Tan lonxe’, o pasado 12 de setembro.
Muller e artista dunha peza, auténtica. Apaixonada. Hospitalaria. Cos pés -como de chumbo- pegados ao chan, na realidade, non no ceo. Empresaria feita a si mesma. Artista artesán. “Eu son sobre todo fadista”. Nas súas palabras: “ser fadista non é só cantar en perfecto portugués, ser fadista é que nunca cantas a mesma canción da mesma maneira; ser fadista é que arrepías as persoas; é ter un estilo de vida, un modo de vida melancólico, de vivencias dentro do teu corpo. Eu teño todos eses ingredientes desde que nacín para ser unha boa fadista”, explica María do Ceo cunha seguridade que se pode tocar á vez que humilde.

Non é unha artista producto da mercadotecnia. “Da nada, sen ter detrás de min unha gran promoción, nin selo discográfico que te lanza como outras persoas teñen e que coas miñas mans faga unha empresa, un selo discográfico e, agás a distribución que leva unha empresa, o resto faga eu todo...”. E María do Ceo non se cansa. Presume de que nunca di ou fai as cousas da mesma forma. “Non son unha muller premeditada, non fago nunca nada da mesma maneira”. Confesa ser tamén desordenada, cuns horarios e ritmo de vida distinto pola profesión ao común da xente. Asina os CDs, tras os concertos, un a un a quen queira e dedicados. En fin, María do Ceo endexamais se suxeita a guión. E séntese persoa “querida e admirada, recoñecida” e engade que iso “é moi grande”. E de María ninguén fala mal, escóitase isto en Ourense. María do Ceu Fernándes Faría, de aí o nome artístico María do Ceo, nace en Porto, en Miragaia, ao lado da ponte Don Luis, e viviu os primeiros 10 anos en Galicia sen trasladarse a Portugal. Cando xa puido ir cos irmáns: “Levabamos un galego e un español perfecto”. Daquela non tiña a quen copiar. Escoitaba entón a Amalia Rodrígues e gustaba tamén da música de María Dolores Pradera, Carlos Cano... De aí que adoptou unha forma de cantar, un estilo propio, “a grande avantaxe que eu tiven”. Hoxe o seu éxito confesa que é por igual tanto en España como Portugal. Ata o comprobou recentemente en Sevilla onde a pesar de que o público non entendía as letras a emoción e o sentimento era o mesmo.

Resume a súa vida a pinceladas, mentres a emoción e as bágoas asoman aos seus ollos: “Nacín nunha familia superhumilde; con seis meses caín do berce e fracturei o nariz, estiven á morte durante un ano e medio nun hospital de infecciosos que non se sabía de onde viña iso e así estragóuseme o meu nariz e ata os cinco anos estiven padecendo cun ollo tapado sen saber se podía perder a visión; .... casei con 19 anos, noviña, con dous meniños, sempre con moito sacrificio para sacar adiante a familia...”

O seu éxito na música ten que ser un don e admíteo. O seu público éo todo. Gusta que lle digan en calquera parte como nun supermercado: “Pídemelo cantando”. Ela ri e está contenta de que sexa así. E non digamos daqueles que lle lembran: -“Non te esquezas de que nós iámoste ver ao Isaac...”. Pero María, María do Ceo é agradecida: “Eu non me esquezo nunca de onde veño, nin o que fun nin o que son agora”.

Este café ourensán, o Isaac, ten a súa historia que se cruza coa da artista desde hai 25 anos. Aquí é onde naceu a cantante. Naqueles concertos co pequeno local ateigado de público. Cobrábase un suplemento de 100 pesetas e cada tres cancións había un descanso para servir bebidas e, mentres, María aproveitaba para falar co público. Aquí é onde o pasado mércores, fiel aos seus comezos, quixo presentar o seu último traballo, “Tan lonxe”.

María do Ceo non ten moi seguro que a música poida cambiar a sociedade, aínda que hai un asomo de esperanza. “Quizais sexa difícil. Oxalá que a xente agresiva, esa xente mala, que é capaz de danar ao outro, de matar ... que sexa capaz, escoitando música... de que esa fera, que todos levamos dentro, se vire ... “

Coa concelleira de Cultura de Ourense, Isabel Pérez, o 12 de setembro no café Isaac de Ourense, durante a presentación de ’Tan lonxe’.  - 19.9 KB  
Coa concelleira de Cultura de Ourense, Isabel Pérez, o 12 de setembro no café Isaac de Ourense, durante a presentación de ’Tan lonxe’.
Acaba de editar ‘Tan lonxe’, o sétimo traballo, que foi presentado no café Isaac de Ourense o pasado mércores. “Este é un disco que a xente me pediu, nos concertos”. Ao remate deles, cando a xente mercaba á saída os seus CDs, preguntaban onde estaban algunhas das cancións interpretadas e algunhas efectivamente non estaban gravadas. Por iso repite: “A xente foi quen fixo que se gravara este disco. Eles obrigáronme a facelo, e eu feliz da vida. Aínda ata influíron na orde das cancións”. María remata sempre os seus concertos con ‘Orvalhadas Orvalheiras’ e por iso agora abre o CD este tema (2. O combóio da minha Terra; 3. Tão longe daqui; 4. Camariñas; 5. Estudiantina portuguesa; 6. Galiza minha Terra; 7. O mar enrola na area; 8. Barco negro; 9. Negra sombra; 10. Gaivota de praia; 11. Verde limão; 12. Conção da beira serra).

María do Ceo defínese como “cantante popular. Non popularucha. Popular quere dicir fado”, explica, como os das letras sinxelas (Casa portuguesa, Havemos De Ir A Viana) que chegan ao corazón do público.

A cantante luso-galaica rompe moldes porque tanto canta nun funeral como nunha voda. “A primeira vez que me solicitaron para cantar un fado foi neste café [o Isaac]. Aquí viña unha señora velliña, que era a dona do pintor Prado e dicíame: -‘María que marabilla, que ben cantas, que voz, que bonito, que... aquilo...’ Sempre así. Un día agarroume a man e díxome: -‘María, eu son unha velliña e quédame pouco xa de vida’. [Ela xa estaba enferma e eu non o sabía].
  Concerto no auditorio de Cambados o 15 de setembro.  - 12 KB
Concerto no auditorio de Cambados o 15 de setembro.
Semella que a estou vendo, co seu moño branco... e sentada sempre alí [mentres sinala unha mesa trala nosa]. Entón díxome: ‘-Cando morra gustaríame moito que me viñeses a cantar a ‘Lela’ (Están as nubes chorando por un amor que morreu...) que é a canción que a min máis me gusta das que cantas. Eu contesteille: -‘Dona Blanca, non me diga iso que me dá ... un mal sentimento. Vostede non vai morrer, muller’.

E engadiu: ¿Ah, non? Si, vou morrer pronto. Despois, de aí a menos dun ano a familia andábame a buscar coma loucos preguntando en tódolos lados se sabían o meu teléfono. Pois, viñéronme buscar... tivemos algún problema co crego...ata que os fillos se negaron a levar o féretro se non se cantaba e ao final conseguírono. Ao saír da igrexa a xente, mentres pedían tarxetas e entregaban a súas, dicían: -A min cando me morra meu pai, voute chamar... para que cantes...

En Portugal é aínda máis estraño isto de cantar nun enterro. María conta que viñeron dúas cadeas de televisión e outras dúas de radio lusas a facer reportaxe porque saíra nun xornal de Galicia.

“Eu canto nalgúns enterros. Canto cando a persoa é intima amiga miña e a familia; e, se o fago outras veces, é porque mo poden pagar e a familia permítese iso. Noutros casos cando morre alguén da cidade de Ourense do mundo da cultura, chámanme, e vou cantar ”.

María do Ceo esta namorada das igrexas como lugar para cantar. “Non hai lugar do mundo máis bonito”. Compárao con outros auditorios e di que cantar nunha igrexa é “¡algo tan espectacular!”. E enumera como cumpren con todas as condicións necesarias para unha actuación: o silencio, a temperatura, o marco co escenario perfecto detrás, o lugar para o público sentado ... E lembra aquilo de que cantar é rezar dúas veces.

As súas cancións son limpas e sabe que o dez por cento do seu público son nenos que levan os seus proxenitores a escoitar a súa música, “sentadiños as 11.00 da noite cos seus pais”. Ademais as letras “falan do amor, da tenrura, da amizade, dos celos ... das paixóns, en xeral. ¿Que é a vida senón paixóns?”.

Co acordeonista Filipe Pereira.  - 8 KB  
Co acordeonista Filipe Pereira.
No próximo disco María do Ceo vailles poñer música aos temas. O ano que vén co gallo do centenario da morte do poeta de Celanova Curros Enríquez a cantante vai editar un disco dedicado aos poetas de Celanova. Un dos poemas titulado ‘¡Ai!’ sobre a morte do fillo pequeno de Curros foi musicado por María do Ceo. “Nada mais follear o poema, empezou na miña cabeza a xurdir unha melodía. Naquel intre comecei a cantalo e a caerme as bagoas porque son nai... Non sei se o darei gravado, porque comezo a chorar lembrando aos meus fillos...”.

Paso seguinte na súa vida artística podería ser facer letras. “Para min é difícil... Hai moitos letristas que se poñen a facer letras e son copias dos maios. Eu non teño nada contra os maios... Poder chegar a alguén a través dun poema...”. Sen embargo, no xénero epistolar María do Ceo confesa ser “un fenómeno”. Lembra cando a súa nai lle pedía para escribir cartas ás súas irmás en Portugal e ela facíao ao dictado, pero non se resistía a engadir cousas da súa colleita. E o mellor é que ao lelas de novo a nai botábase a chorar e pensaba que todo aquilo era o que lle dictara.

Continúa: “Sen embargo casar un poema coa música..., porque non vale calquera letra, ten que ter ser unha letra que xa teña música, é máis difícil... pero chegarei”, conclúe cun optimismo esperanzado.

Arlindo de Carvalho é “o mellor compositor musical do mundo” para a música que fai ela -e, ocasionalmente, letrista que “fixo cousas bonitas”-. É “un home que soubo entender moi ben a música galega e tamén fusionala coa portuguesa. Eu fusiónoa coa voz e el coa música”. Tamén está contenta cos poemas que fixo para ela Moncho Borrajo para o anterior traballo ‘Dúas almas do Miño’.
  Con Armindo Fernandes, guitarra portuguesa.  - 7.7 KB
Con Armindo Fernandes, guitarra portuguesa.
María do Ceo, sobre todo, gusta cantar as letras dos poetas galegos como Rosalía, Celso Emilio Ferreiro, Curros, Castelao... “Gústanme tanto as letras que cando as leo póñenme en situación chorar...”.

Os temas das súas cancións son de amor e tamén de ausencia. “Estamos a vivir unha época tan ‘light’, sentimentalmente...”. E explica como non falamos no ascensor e logo pasamos dúas horas ao teléfono pero “persoalmente repudiamos ata darlle a man... Damos a man como se fose unha sardiña moída... non vaia ser que nos atravese... non hai aquel apertón... Canto máis distanciados estamos, máis queremos facer -os que nos dedicamos a isto-, para chegar a través das nosas músicas para chegar ao corazón da persoa”. Ademais María prefire cantarlle ao amor fronte ás penas e penurias que xa hai na vida. Na música o máis bonito que se pode facer é cantarlle ao amor en todos os sentidos (amor entre esposos, amor de nai, de irmán, entre amigos).

Remata esta conversa con María do Ceo no café Isaac, un lugar tan importante na súa historia artística. María é moito máis pero hai límites na escrita...
Con Rui Nunes, guitarra española.  - 6.6 KB  
Con Rui Nunes, guitarra española.

O sábado volvémola ver nun concerto no auditorio de Cambados chea de vitalidade en perfecta comuñón co seu público. A medida que transcorre o concerto gáñase o público e fai que participe no seu concerto. A súa voz prodixiosa, ese don de Deus, triúnfa con temas como Lela, Camariñas e a explosión final de Orvalhadas. Os seus músicos tamén competentes. Mágoa de que o novo auditorio non conte cunha iluminación e un decorado axeitados. O público despídea en pé e antes pídelle outra canción fóra de programa. Ela remata co ‘Sancristán’.

¡María levounos durante hora e media ao Ceo!

Concerto no auditorio de Cambados o 15 de setembro.  - 12 KB

Concerto no auditorio de Cambados o 15 de setembro.

O público en pé mentres cantaba, como propina, ’Sancristan’.  - 16.1 KB

O público en pé mentres cantaba, como propina, ’Sancristan’.

Roberto Ledo.


Enviar el artículo a un amigo
Destinatario  :
(introduzca el email del destinatario)

De parte de 
(introduzca su propio nombre)

(introduzca el email del remitente)

O tenente de alcalde di na súa visita á CEP que a cidade necesita "superar a crispación e o desencontro"

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, mantivo este martes unha xuntanza co presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), José Manuel Fernández Alvariño, e varios membros da xunta directiva da entidade, continuando así coa rolda de contactos que está mantendo cos diferentes colectivos sociais e económicos da cidade.

O tenente de alcalde salientou a coincidencia que se amosou na reunión para que a cidade "supere a crispación e o desencontro" e "traballemos desde todas as institucións e entidades na mesma dirección".


“Vigo escapadas”, despierta una gran expectación entre los visitantes de Expogalaecia

El programa turístico “Vigo escapadas” que promueve la Asociación de Hostelería de Vigo en colaboración con el Concello y Turismo Rías Baixas, de la Diputación, está despertando gran expectación entre los visitantes de Expogalaecia, el salón de Turismo que desde ayer permanece abierto en el IFEVI.

Los visitantes del certamen que proceden de otras provincias y también de Portugal, han mostrado gran interés por conocer las distintas opciones que se ofrecen en el programa Vigo Escapadas, un programa cuyo objetivo no es otro que el de potenciar las estancias cortas en la ciudad viguesa, fundamentalmente de fin de semana, mediante paquetes cerrados.


 
Cangas Bueu Moaña Soutomaior Fornelos Pazos Redondela Vigo Mos Nigrán Porriño Ponteareas Mondariz Mondariz Balneario As Neves Salvaterra Salceda Gondomar Covelo Arbo As Neves Salvaterra Salceda Tui Gondomar Baiona Oia Tomiño Oia Tomiño O Rosal A Guarda Covelo Cañiza Crecente Arbo