3 de September de 2010










Ponte Areas de Esquerda reivindica unha Casa da Xuventude
Febrero de 2007 POR Vm

Ás 12 do mediodía do sábado 3 de febreiro, membros de Ponte Areas de Esquerda levaron a cabo unha acción reivindicativa para remarcar a necesidade de que Ponte Areas conte canto antes cunha Casa da Xuventude.

Dúas enormes pancartas eran despregadas sobre as barandas dos inmobles propostos para albergar a Casa da Xuventude, os números 14 e 16 da Rúa dos Ferreiros.

Imaxe das pancartas que foron despregadas nos inmobles da rúa dos Ferreiros. - 44.6 KB

Imaxe das pancartas que foron despregadas nos inmobles da rúa dos Ferreiros.

Ponte Areas de Esquerda alertou ó Goberno Municipal de que no Concello existen numerosos inmobles que poden acollerse ós subsidios da Xunta de Galicia de 4,5 millóns de euros para 2007 para inmobles que se destinen a patrimonio público de carácter ambiental.

A imponente e singular casa situada na Rúa dos Ferreiros nº 14, e a finca contigua nº 16, así como parte da finca que os rodea son os dous inmobles que deben ser presentados para beneficiarse desa medida para, trala súa rehabilitación integral, dispoñelos como espacio para a xuventude do Concello. É o lugar idóneo para instalar unha moderna e ecolóxicamente sustentable CASA DA XUVENTUDE de Ponte Areas.

Salas para ensaios, auditorio, sala para audiovisuais, sala de informática, locais para asociacións, pistas para deporte, piscina, cafetería, discoteca, instalacións para manter relacións sexuáis garantindo plena información sobre o uso de anticonceptivos e formación sexual, etc. de carácter gratuito e público, son algunhas das múltiples necesidades das que a Xuventude de Ponte Areas leva anos carecendo.

O Concello debe abrir negociacións cos actuáis propietarios deste emblemático inmoble para evitar a súa ruína total, chegando a un acordo beneficioso para Ponte Areas, especialmente para a xuventude.

Asimesmo, propoñemos para o seu acondicionamento presentar a casa como proxecto para os vindeiros obradoiros de emprego, coas modalidades de albanelería, canteiría, carpintería e xardinería, creando, ó mesmo tempo que a Casa da Xuventude, formación e emprego.

Ponte Areas de Esquerda comprométese a facer no Concello unha política que revolucione e remate coa actual situación. A Xuventude de Ponte Areas debe ter voz e peso nas decisións do futuro, que serán o noso presente.

Desde Ponte Areas de Esquerda vos pedimos unha oportunidade. Solicitamos o voso apoio a unha alternativa radicalmente diferente os xa coñecidos PP, PSOE, BNG e UCPA.


Enviar el artículo a un amigo
Destinatario  :
(introduzca el email del destinatario)

De parte de 
(introduzca su propio nombre)

(introduzca el email del remitente)

O tenente de alcalde di na súa visita á CEP que a cidade necesita "superar a crispación e o desencontro"

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, mantivo este martes unha xuntanza co presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), José Manuel Fernández Alvariño, e varios membros da xunta directiva da entidade, continuando así coa rolda de contactos que está mantendo cos diferentes colectivos sociais e económicos da cidade.

O tenente de alcalde salientou a coincidencia que se amosou na reunión para que a cidade "supere a crispación e o desencontro" e "traballemos desde todas as institucións e entidades na mesma dirección".


“Vigo escapadas”, despierta una gran expectación entre los visitantes de Expogalaecia

El programa turístico “Vigo escapadas” que promueve la Asociación de Hostelería de Vigo en colaboración con el Concello y Turismo Rías Baixas, de la Diputación, está despertando gran expectación entre los visitantes de Expogalaecia, el salón de Turismo que desde ayer permanece abierto en el IFEVI.

Los visitantes del certamen que proceden de otras provincias y también de Portugal, han mostrado gran interés por conocer las distintas opciones que se ofrecen en el programa Vigo Escapadas, un programa cuyo objetivo no es otro que el de potenciar las estancias cortas en la ciudad viguesa, fundamentalmente de fin de semana, mediante paquetes cerrados.


 
Cangas Bueu Moaña Soutomaior Fornelos Pazos Redondela Vigo Mos Nigrán Porriño Ponteareas Mondariz Mondariz Balneario As Neves Salvaterra Salceda Gondomar Covelo Arbo As Neves Salvaterra Salceda Tui Gondomar Baiona Oia Tomiño Oia Tomiño O Rosal A Guarda Covelo Cañiza Crecente Arbo