O colectivo OAR denuncia o problema da vivenda mediante un percorrido pola casas abandoadas de Redondela
O colectivo OAR (Organización Activista de Redondela) realizou este sábado un "roteiro" polas diversas zonas de Redondela para mostrar o sistema de especulación existente na actualidade que ten uns "claros expoñentes na vila de Redondela" como recolle o manifesto da organización.
|

|
| O antigo cemiterio presenta un abandono alarmante. |
O acto arrancou as seis da tarde na Avenida Mendiño, na zona coñecida como "casas dos profesores", onde hai unha serie de edificios actualemente baleiros. Nesta zona anunciose recentemente a rehabilitación dos edificios para destinalas a vivendas para aluguer da mocidade.
| |
|
| Piorno abandoado diante dun edificio moderno. |
Despois de pasar por debaixo do "scalextric", o grupo de cerca de cen persoas dirixiuse cara a zona antiga da localidade, xa que nestas rúas a situación agrávase especialmente polas innumerables construccións abandonadas existentes e o patrimonio que carece de coidado. En cada construcción froito de crítica se colgada un cartel que poñía "en proceso de especulación".
Según os datos ofrecidos pola organización no ano 2001, o Instituto Galego de Estatística cifrou en 2.064 cifra de vivendas baleiras en Redondela das 11.605 existentes. Ademais, o colectivo quería denunciar a "burbulla inmobiliaria" existente na actualidade, que limita as familias e dificulta a "saída da casa dos mozos", a causa que que teñen que destinar ata o 60% do seu soldo a hipoteca.
A marcha, que recorreu moitas das rúas da vila, rematou o redor das sete e media da tarde diante do Concello, donde se agraceu a colaboración dos cidadáns que acudiron a marcha e un pequeno grupo musical despediu a concentración cunha peza típica da vila. Ademáis na cita derónse cita varias xeneracións dende un pequeno que iba no seu carriño, ata o coñecido redondelán Manola Barros, antigo preso da cárcere de San Simon na Guerra Cívil.
|

|
| A saída na "casa dos profesores". |
|

|
| Estes tres músicos unironse a marcha e amenizaron a xornada. |
|

|
| Os piornos do centro de Redondela están totalmente abandonados. |
|

|
| Casa en ruinas na zona antiga da vila. |
|

|
| Cartel colgado en cada casa abandoada. |