![]()
|
||||||||||||||
![]() |
|
3 de September de 2010 |
||||||||||||
![]()
|
![]() |
|||||||||||||
|
Ponte Areas de Esquerda asegura que imporá o cumprimento dos convenios
A formación veciñal afirma que "a imensa maioría da clase traballadora no cobra por convenio colectivo"
Enero de 2007 POR VmA formación veciñal Ponte Areas de Esquerda asegurou, mediante un comunicado enviado aos medios, que "é un feito indiscutible que a maioría da población de Ponteareas padecemos día a día na nosa pel o incumprimento do convenio colectivo". Asimismo, acusou a UCPA, PP, PSOE e BNG de ter aplicado para Ponteareas "políticas que no perjudiquen demasiado os intereses do empresariado presente na localidade". Así, empresas da construcción, metal, químicas, hostelaría, servizos, limpeza,... "campan às súas anchas en Ponteareas obrigando a traballar máis horas das que estipula o convenio e pagando por debaixo deste". Con relación a isto, Ponte Areas de Esquerda, candidatura veciñal formada por traballadoras e traballadores, "na súa condición de futura chave de goberno", para as eleccións municipais de maio de 2007, exixirá para permitir a costitución do novo goberno municipal que as empresas presentes en Ponteareas "deberán cumprir o convenio desde a primeira ata a última letra". A formación veciñal cre que para facer valer o acordo será necesaria a creación dun organismo popular de inspección para fiscalizar regularmente a todas as empresas que desenvolvan a súa actividade dentro dos límites de Ponteareas. O comunicado finaliza reclamando o apoio do pobo traballador de Ponteareas à candidatura Ponte Areas de Esquerda que considera que "é fundamental para facer valer no Concello os nosos interesses e defender tamén desde o interior da institución municipal estas propostas". |
|
|||||||||||||
![]()
|
||||||||||||||