3 de September de 2010










Isaac Díaz Pardo, intelectual e fundador do grupo Sargadelos
"Imos tratar de recuperar a empresa"
Julio de 2006 POR Vm

  Isaac Díaz Pardo, propietario do 27 por cento de Cerámicas de O Castro, principal accionista de Sargadelos. - 20.2 KB
Isaac Díaz Pardo, propietario do 27 por cento de Cerámicas de O Castro, principal accionista de Sargadelos.

PREGUNTA.-¿Como se sente?

RESPUESTA.-Normal. Pero estou vivo.

P.-¿Que sucedeu en Sargadelos para chegar a esta situación?

R.-Unha colección de ladróns incultos apropiáronse [do que non era seu]. A eles axudóuselles. Todos eles percibiron participacións gratuitas en Sargadelos, desde o avogado ata...

P.-¿Non aportaron nin unha pizca de capital?

R.-Nada. Regalóuselles todo. Sempre atendimos á xente. Sargadelos é unha empresa xenerosa; ou polo menos era. ¡Imos ver! Supoño que volverá selo, ¿non? O senvergoña do avogado que tiñamos de administrador [Santiago Sineiro] foi facendo trampas nunha das sociedades. Chámase Grupo Técnico e Organizador da Cerámica de Sargadelos. Foi cambiando cousas e falsificando firmas.
Esta mesma semana perdeu o control da empresa que el mesmo fundou. Di que pelexará ata  
Esta mesma semana perdeu o control da empresa que el mesmo fundou. Di que pelexará ata "recuperar a xestión de Sargadelos". Aos 86 anos séntese con forzas.
P.-¿....?

R. Aparecerá, que eu non o vin, a miña destitución da presidencia. Borróume. Eso ten que constar nunha acta. Eu, coma presidente, non asinei a minha destitución. Entón, tivo que falsificar unha acta.

P.-¿A situación na empresa é irreversible? R.-[Santiago Sineiro] E un delincuente que tería que ir á cadea. Os outros [accionistas] son uns bandidos e ignorantes.

P.-¿Quen puxo os cartos para fundar a empresa?

R.-Nós.

P.-¿A quen se refire?

R.-A José Rey Romero, Federico Nogueira e un servidor. Nós puxemos os cartos. Tamén chegaron cartos da Arxentina.

P.-Os herdeiros de José Rey e de Federico Nogueira non apoiaron a súa continuidade na presidencia de Sargadelos.

R.-Teñen pouco capital en Sargadelos. Aí, a maioría do capital é do Laboratorio de Formas. Ofrecéronlles que ían apoderarse das cousas. O patrimonio é importante. O caso era quedarse co patrimonio.

P.-Pero vostede ten a súa parte de capital.

R.-O meu capital non mo poden quitar. Teño o 27 por cento de Cerámicas de O Castro.

P.-¿Que fará vostede?

R.-Os avogados preparan a impugnación [das decisións que provocaron a súa saída da presidencia de Sargadelos].
  A maioría do capital é do Laboratorio de Formas.  - 27.3 KB
A maioría do capital é do Laboratorio de Formas.
P.-¿Acudirá á Xustiza?

R.-Home claro.

P.-¿Quen é o principal resposable da súa saída?

R.-Santiago Sineiro.

P.-Pero ¿tamén foi home da súa confianza?

R.-Si, claro. Foi o administrador.

P.-¿Continúa de administrador?

R.-Continuará... !Son uns ladróns¡

P.-¿Séntese traicionado?

R.-A este home perdoeille moitas cousas. Tiña tendencia ós negocios a costa da empresa. Pero chega un momento no que quere apropiarse de todo... ¡Eso non! Hai que acabar con eso.

P.-¿Denunciará a Santiago Sineiro?

R.-Non sei como faremos todo.

P.-¿Confía en recuperar a xestión de Sargadelos?

R.-Si. Se a Xustiza funciona, terémola que recuperar.

P.-Vostede presumía de que os beneficios se reinvertían na empresa.

R.-Sargadelos é unha empresa feita polo Laboratorio de Formas de Galicia, no ano 1964. E chegamos a un acordo de reinvertir os beneficios. Non é unha empresa comercial.

P.-Pero unha empresa non pode deixar de buscar o negocio.

R.-Si, pero non era ese o noso obxectivo.

P.-¿Cre que os novos xestores prostituirán a finalidade de Sargadelos?

R.-Home claro. Son unhas bestas. Se os deixan, venden todo.

P.-¿Que cre que pretenden?

R.-Son unha colección de ladróns que rouban un proxecto.

P.-¿Buscan o beneficio mercantil?

R.-Tamén. Pero creo que lles vai ir moi mal. E unha empresa selectiva, ten un carácter distintivo. Se lle quitan o seu espírito deixa de interesar. Una empresa cerámica ten que ter un valor máis aló do material. Non hai Deus que sosteña una empresa de cerámica. Caeu Alvarez, caeu a otra, caeron todas....

P.-¿E caerá Sargadelos?

R.-Depende de moitas cousas. Hai material feito que seguirán explotando. Tamén está a propiedade intelectual, que me corresponde a min. Xa veremos. Non estou pensando, polo momento, en reclamar a propiedade intelectual. Quero que as cousas volvan ser como eran.

Sargadelos é unha empresa feita polo Laboratorio de Formas de Galicia, no ano 1964.  - 23.8 KB  
Sargadelos é unha empresa feita polo Laboratorio de Formas de Galicia, no ano 1964.

P.-¿En que prazo de tempo? R.-Xa veremos.

P.-A Xustiza vai lenta.

R.-A Xustiza vai amolarse. Vai botar abaixo unha empresa.

P.-Vostede pide a intervención da Fiscalía.

R.-Tiña que intervir.

P.-Cando fala de propiedade intelectual, ¿refírese ós deseños?

R.-Si, ós deseños.

P.-¿Son seus?

R.-Si, son meus.

P.-¿Poden usar os deseños sen a súa autorización?

R.-Primeiro imos tratar de recuperar a empresa, !coño¡

P.-Pero, ¿reclamará a propiedade intelectual?

R.-Home claro. Teremos que estudialo. Se os xuices non se dan conta da situación, a empresa afundirase.

P.-¿Que diría Luis Seoane se levantara a cabeza?

R.-Botaríame a culpa e pediríame explicacións de por qué me asociei con estes ladróns.

P.-¿Terá solución o conflicto?

R.-Solución ten que ter.

P.-¿Pedíu axuda a Xunta de Galicia?

R.-Non. Eu nunca pedín axuda a ninguén.

P.-¿E tampouco vai agora a pedir axuda?

R.-Non. Eu non pido nada.

P.-¿Séntese con forzas?

R.-Si. Eu seguirei pelexando ata morrer.

P.-¿Sargadelos tiña moitos proxectos?

R.-Tiñamos. A empresa non se durmía. Dous fillos meus, Camilo e Xosé, ían continuar coma administradores.

P.-¿Ian seguir co legado?

R.-Son os que entenden cál é a filosofía da empresa. Eu son vello e [o resto dos socios] están rezando para que eu morrera.

P.-E non morre....

R.-Non, non morrín. Teño 85 anos.

Texto: Luis Vázquez-Pena.

Fotos: Pepe Ferrín.


Enviar el artículo a un amigo
Destinatario  :
(introduzca el email del destinatario)

De parte de 
(introduzca su propio nombre)

(introduzca el email del remitente)

O tenente de alcalde di na súa visita á CEP que a cidade necesita "superar a crispación e o desencontro"

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, mantivo este martes unha xuntanza co presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), José Manuel Fernández Alvariño, e varios membros da xunta directiva da entidade, continuando así coa rolda de contactos que está mantendo cos diferentes colectivos sociais e económicos da cidade.

O tenente de alcalde salientou a coincidencia que se amosou na reunión para que a cidade "supere a crispación e o desencontro" e "traballemos desde todas as institucións e entidades na mesma dirección".


“Vigo escapadas”, despierta una gran expectación entre los visitantes de Expogalaecia

El programa turístico “Vigo escapadas” que promueve la Asociación de Hostelería de Vigo en colaboración con el Concello y Turismo Rías Baixas, de la Diputación, está despertando gran expectación entre los visitantes de Expogalaecia, el salón de Turismo que desde ayer permanece abierto en el IFEVI.

Los visitantes del certamen que proceden de otras provincias y también de Portugal, han mostrado gran interés por conocer las distintas opciones que se ofrecen en el programa Vigo Escapadas, un programa cuyo objetivo no es otro que el de potenciar las estancias cortas en la ciudad viguesa, fundamentalmente de fin de semana, mediante paquetes cerrados.


 
Cangas Bueu Moaña Soutomaior Fornelos Pazos Redondela Vigo Mos Nigrán Porriño Ponteareas Mondariz Mondariz Balneario As Neves Salvaterra Salceda Gondomar Covelo Arbo As Neves Salvaterra Salceda Tui Gondomar Baiona Oia Tomiño Oia Tomiño O Rosal A Guarda Covelo Cañiza Crecente Arbo